Sunday 24 de November de 2024

Derradeiras entradas para o concerto de Queens of the Stone Age deste martes 18 no Coliseum


A banda coruñesa Bala presentará antes o seu último disco

Unha das mellores bandas de rock en directo do momento, Queens of the Stone Age, actuarán este martes 18 de xuño no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira mundial ‘The end is Nero’. A formación californiana liderada polo cantante e guitarrista Josh Homme conta con éxitos da talla de ‘No One Knows’, ‘Go with the Flow’ ou ‘Make it wit Chu’.

As últimas entradas para o espectáculo atópanse á venda no despacho de billetes da praza de Ourense e a través de Ataquilla. A actuación da banda americana forma parte da estratexia posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para o posicionamento da Coruña como escenario de grandes xiras internacionais.
Este concerto será unha gran oportunidade de ver á banda californiana fóra de festivais este verán, con varias citas confirmadas en Europa. A Coruña súmase así cidades como Oslo ou Milán, máis cun concerto único para os máis fanáticos do rock de Queens of the Stone Age.

Ademais, antes da súa actuación estará sobre o escenario o dúo coruñés Bala, que actuará tamén por primeira vez no Coliseum para presentar o seu último disco: ‘Bestas’. A banda formada por Ánxela e Violeta contan xa cunha ampla experiencia sobre os escenarios, con actuacións en diferentes edicións do Festival Noroeste e noutros eventos de todo o país.