Sunday 24 de November de 2024

A Xunta inviste máis de 60.000 euros no estudio da distribución e abundancia de distintas especies de fentos de valgada meazados en Galicia


O contrato, cofinanciado con fondos europeos e adxudicado á Universidade da Coruña, permitirá avaliar a distribución de sete especies mediante a realización de traballos de campo en 34 zonas da provincia da Coruña, 28 de Lugo e cinco de Pontevedra

A Xunta inviste preto de 60.000 euros no estudo da distribución e abundancia de distintas especies de fentos de valgada ameazados existentes en Galicia no marco dos programas de seguimento periódico das especies que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

O contrato, adxudicado á Universidade da Coruña, ten como finalidade actualizar a información dispoñible sobre as poboacións coñecidas destas especies na comunidade revisando a súa localización e tamaño e seguindo unha metodoloxía baseada na empregada en traballos científicos previos.
Esta iniciativa permitirá avaliar a tendencia das poboacións das distintas especies de fentos para dar cumprimento ao seguimento periódico establecido na Directiva Hábitats. Para iso, os traballos centraranse en 34 zonas da provincia da Coruña, en 28 de Lugo e en cinco da provincia de Pontevedra.

Os traballos, cofinanciados nun 60% con fondos europeos do Programa Galicia Feder 2021-2027, teñen un prazo de execución de seis meses.