Friday 22 de November de 2024

Cariño abre o prazo de preinscrición para participar nas Escolas Deportivas e os Obradoiros Culturais para este verán


• As Escolas Deportivas comezarán o 1 de xullo e acaban o 31 de agosto

• O prazo de preinscrición xa está aberto e pode formalizarse ata o xoves, 20 de xuño, ás 14 horas

O Concello de Cariño abriu o prazo de preinscrición para participar nas Escolas Deportivas e os Obradoiros Culturais para este verán do ano 2024.

Por unha banda, as Escolas Deportivas darán comezo o próximo 1 de xullo e acabarán o 31 de agosto. levarán a cabo nas pistas exteriores do IES Cabo Ortegal. Doutra banda, os Obradoiros Culturais aínda están pendentes de coñecer a localización da súa realización.
O prazo de preinscrición xa está aberto e pode formalizarse ata o xoves, 20 de xuño, a través do formulario en liña da seguinte ligazón:
https://forms.gle/j4sZedSpRJuezyBVA

A cota de inscrición será de 8 euros por escola deportiva e de 6 euros por Obradoiro cultural. O pago realizarase unha vez que o servizo de deportes confirme as prazas a través do bando móbil do Concello de Cariño. O número de conta para ingresar o diñeiro habilitarase na mesma plataforma.
As Escolas Deportivas divídense nas modalidades de Patín Iniciación (2016 – 2019), Patín Continuación (2012 – 2015), Fútbol sala 1 (2016 – 2018), Fútbol sala 2 (2012 – 2015), Fútbol sala 3 (2008 – 2011), Balonmán 1 (2014 – 2017), Balonmán 2 (2011 – 2013), Andaina 1 (2012 – 2015), Andaina 2 (2008 – 2011) e Baloncesto (2008 – 2012).

Doutra banda, os Obradoiros Culturais están dirixidos a nenos e nenas nacidos desde o ano 2012 ata o ano 2020, que realizarán actividades de cociña creativa, manualidades e xogos ao aire libre.
Pódese solicitar máis información no Servizo de Deportes, que se atopa na Casa dá Cultura, ou a través do número de teléfono 981 420 216.
Segundo indica a alcaldesa de Cariño, Ana María López, “promovemos estas actividades durante a época estival para ofrecer alternativas de lecer e deportivas á mocidade do Concello de Cariño durante unha época non lectiva do ano como é o verán”.
A rexedora quixo destacar “a gran variedade de actividades que se poñen ao dispor das familias, con diversidade de deportes, así como cursos de cociña e manualidades, que permiten escoller libremente en función de gustos e preferencias”.