A Escola de Fútbol Juan Cabrejo e o Concello de Camariñas celebrarán o próximo sábado, 22 de xuño, o Torneo As Baleas no campo de fútbol Vicente Carril. No evento participarán os xogadores das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos seguintes equipos: SRD Unión Club Cee, Unión Deportiva Cerqueda, Sociedad Deportiva Laxe, Bergantiños FC – Escolas Luis Calvo, Sociedad Deportiva Sofán e Club Deportivo Concello de Zas.
A presentación oficial da cita deportiva correu a cargo da alcaldesa, Sandra Insua, do concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, do presidente da Escola de Fútbol Juan Cabrejo, Marcos Lema, do director, Juan Cabrejo, e do adestrador Pepucho.