Thursday 21 de November de 2024

Ribeira abre a V Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico


Hoxe inaugurouse na praza de España a V Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, unha cita que non quixeron perder o alcalde de Ribeira Luís Pérez, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, o senador Manolo Ruíz, o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, os tenentes de alcalde e concelleiros da Corporación Municipal no acto inaugural.

Ao redor dun centenar de vehículos danse cita desde hoxe e ata este domingo, día 16 de outubro, na Praza de España, en Ribeira, que alberga desde hoxe e ata este domingo, a V Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, na que tamén haberá vehíclos novos, quilómetro 0 e de xerencia, que organiza a Asociación de Empresarios de Ribeira e con entrada gratuíta ao recinto de exposición dos vehículos.

O alcalde ribeirense dou paso á V Edición da feira referindose ao esforzo e dedicación da Asociación de Empresarios, a quen lle agradeceu especialmente polo seu incansable labor e visión de futuro.
Pérez Barral convidou a percorrer as casetas, participar nas actividades e, sobre todo, a reflexionar sobre como “podemos contribuír a cambiar a mobilidade ao tempo de deixar un planeta máis sustentable para as xeracións futuras”.

Tamén incidiu en que eventos como este, demostran o poder da colaboración institucional entre distintas Administracións e empresas para dinamizar as rúas e comercios do municipio. “Dende o Concello imos apoiar iniciativas que xeren dinamismo económico e social”.