Os alumnos do obradoiro de emprego Tahume 2 estiveron a construír esta semana unha nova pasarela de madeira para unir a praia da Catía co paseo do Carreiro en Aguiño.
A este respecto, deuse a circunstancia de que un tramo de pasarela xa existente nas inmediacións quedou invadida pola duna, razón pola cal facíase necesario dispoñer dun traxecto alternativo.
A nova infraestrutura conta cunha lonxitude de 60 metros e garda unhas características semellantes ás pasarelas xa existentes na contorna: é dicir, están feitas a base de listóns de piñeiro vermello tratado e autoclave.
Os 21 alumnos do obradoiro Tahume 2 seguirán realizando melloras tanto municipio riveirense como en Porto do Son ata que conclúa esta escola taller o próximo 29 de febreiro.