Monday 25 de November de 2024

Medio cento de socios e socias da sección de A Coruña do Camping Caravanning Club de Galicia volven visitar a Ría da Estrela


Quen visita a Ría da Estrela queda tan namorado das nosas paisaxes, o noso rico patrimonio cultural, a nosa gastronomía e as nosas xentes que non tarda en repetir experiencia. Así lle aconteceu esta semana a medio cento de socios e socias da sección da Coruña do Caravanning Club de Galicia.

Se hai en setembro de 2023 aproveitaron a súa primeira visita para realizaren o Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, nesta ocasión dedicaron o seu tempo a visitar distintos puntos de interese pola comarca. Unha visita na que gozaron dunha climatoloxía soleada e máis propia destas datas, fronte as treboadas que sufriran o ano pasado.

Isto permitiulles visitar moitos máis destinos da Ría da Estrela: dende a pila da serpe da Colexiata de San Pedro de Muros ata o porto do Freixo (Outes), pasando polo castro de Baroña (Porto do Son) ou a igrexa de San Xoán de Camboño (Lousame). Ademais de desfrutar da gastronomía da Ría da Estrela, aproveitaron tamén a visita para adiantar o San Xoán e degustar unha sardiñada.