Friday 22 de November de 2024

A Xunta financia con maísdeE 5M€ ao ano case 300 prazas residenciais e ocupacionais de ASPRONAGA


O director xeral recoñeceu o labor desta asociación en favor da autonomía e a integración das persoas con discapacidade intelectual

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na X Festa das Familias da Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (ASPRONAGA). Un evento ao que asistiron arredor de 600 persoas.

O director xeral recoñeceu o labor desta entidade en favor da autonomía e da integración dos seus usuarios e transmitiulles o apoio da Xunta de Galicia, que se traduce no financiamento de case 300 prazas residenciais e ocupacionais por valor de máis de 5 millóns de euros ao ano.

Jacobo Rey destacou que a imaxe que mellor representa a ASPRONAGA é a dunha gran familia que se acompaña, se apoia e persegue os mesmos obxectivos: mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, reivindicar os seus dereitos e, en definitiva, construír una sociedade máis xusta e máis inclusiva. Unha familia da que, asegura, tamén forma parte o Goberno galego.