Friday 22 de November de 2024

O auditorio Gabriel García Márquez acollerá as obras teatrais dos grupos da Escola Municipal de Teatro


O Concello de Oleiros acolle este sábado 15 de xuño, a partir das 18:00 horas, no auditorio de Mera; os espectáculo “Estrela… fugaz?” e “Cadros de amor, humor e ao fresco”.

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Oleiros pechará este sábado o curso escolar coa representación no auditorio de Mera de dúas obras teatrais protagonizadas polo alumnado.

Ás 18:00 horas o grupo de teatro infantil (nenas e nenos de 9 e 10 anos) representarán a obra Estrela… fugaz?, da autoría de Carlos Labraña e dirixidos por Chus Álvarez.

Ás 20:30 horas terá lugar a representación de Cadros de amor e humor, ao fresco, de José Alonso de Santos e protagonizada polo alumnado adulto da escola baixo a dirección de Chus Álvarez.

A entrada é de balde ata completar o aforo.