A Big Band da Escola Municipal de Música actúa este domingo 16 de xuño, ás 20:00 horas, no parque José Martí, en Perillo. Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía.
Esta será a última das diversas actuacións en espazos públicos ao aire libre das Escolas municipais de música, danza e teatro que organizou o Concello ao longo das últimas semanas.