Friday 22 de November de 2024

A piscina municipal da Área Recreativa O Castro abre as súas portas este sábado, 15 de xuño


 O horario de apertura vai desde as 15:30 ata as 20:30 horas, desde o martes ata os venres e os sábados, domingos e festivos será desde as 15 ata as 20 horas

 O servizo estará dispoñible ata o 15 de setembro e ten un custo de máis de 10.000 euros, financiados pola Deputación da Coruña

A piscina municipal da Área Recreativa O Castro abre as súas portas para a temporada estival desde este sábado, 15 de xuño.
O horario de apertura é desde as 15:30 ata as 20:30 horas, de martes a venres. Os sábados, domingos e festivos o horario será de 15 a 20 horas. O servizo estará dispoñible ata o vindeiro 15 de setembro.
Desde mañá mesmo a instalación contará co servizo de socorrismo, requisito indispensable para poder desfrutar desta instalación, que terá un custo de 10.018 euros, financiados pola Deputación da Coruña.
Segundo indica o alcalde, Alberto Rey, “esta era unha nova moi agardada pola veciñanza, que cada verán goza deste espazo público na área recreativa, e agora podemos ofrecerlles este servizo”.