Friday 22 de November de 2024

Accidente de tráfico na AG-11 ao seu paso polo lugar de Vilas, no concello de Rianxo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 20:00 horas de onte, xoves 13 de xuño, dun accidente de tráfico acontecido na estrada AG-11, á altura do punto quilométrico 16, ao paso da vía polo lugar de Vilas, na parroquia de Asados do concello de Rianxo.

O operativo consistiu inicialmente na sinalización da incidencia, dado que as condicións meteorolóxicas e o feito de que fose no carril esquerdo logo dunha curva en baixada convertían á zona nun espazo moi perigoso.

Os ocupantes do turismo indican que non están feridos, e para a retirada do vehículo e a limpeza da vía foi preciso realizar un corte de carril.

No operativo tamén participaron a Policía Local e a Garda Civil.