“Os médicos de familia sodes os profesionais máis próximos ao paciente”, sinalou a alcaldesa durante a inauguración
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a inauguración do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, que se celebra desde hoxe e ata o sábado en Palexco, coa presenza de 2.500 profesionais do sector e a confirmación de outros 1.500 que seguirán as poñencias a través de streaming. A rexedora destacou a fortaleza da Coruña como cidade organizadora de grandes eventos profesionais e congresos MICE, que supoñen un gran impacto económico e social.
“Os médicos de familia sodes os profesionais máis próximos ao paciente e xerades vínculos prolongados con moitos deles”, apunto Inés Rey, que quixo poñer en valor o papel destes profesionais durante a pandemia da COVID-19. As cifras do XXX Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia amosan a relevancia do mesmo. Durante as xornadas impartiranse un total de 237 sesións a cargo de 128 expertos e doce de ditas sesións poderán ser seguidas por streaming, para os que hai inscritas 1.500 persoas máis. O número de comunicacións aceptadas polo comité científico ascende a 808.
A rexedora desexou aos participantes que o congreso sexa frutífero e contribúa á mellora do sector sanitario, mais tamén animou aos facultativos e facultativas a gozar da ampla oferta cultural e de ocio que ofrece a cidade. A orzanización do evento cifrou en 3 millóns de euros o retorno económico para a cidade da cita.