O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Patricia Bello, recibiron hoxe de mans da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e do presidente de Adeac, José Palacios Aguilar, a Bandeira Azul que onderá na praia de Caión no verán e tamén a bandeira de Centro Azul para o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.
Achégase imaxe do acto celebrado hoxe na praia de Doniños do concello de Ferrol. Xunto aos representantes municipais e a conselleira, tamén están a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, e o deputado autonómico Gonzalo Trenor.
O servizo de socorrismo xa estará operativo na praia de Caión desde este sábado.