Un total de 44 persoas garantirán a seguridade nas praias do Concello de Oleiros. O servizo de salvamento e socorrismo estará en funcionamento desde o vindeiro sábado 15 de xuño ata o día 15 de setembro, en horario de 11 da mañá ata as 8 da tarde.
O servizo estará formado por 32 socorristas acuáticos e 6 terrestres, 4 patróns/as de embarcacións, 1 supervisor e 1 de xefe de equipo.