Hoxe tivo lugar a presentación dos Cursos do Verán do Aula Cemit de Ribeira, no acto o tamén concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou a ampla oferta destes cursos de verán.
A formación está programada para a rapazada e para os adultos.
No mes de xullo teremos para a rapazada, Habilidades Dixitais (de 8 a 12 anos), o Campamento Dixital (de 13 a 17 anos); en agosto informática divertida (de 8 a 12 anos), edición de video con Davinci (de 13 a 17 anos) e Entorno de Realidade Virtual ( de 13 a 17 anos).
Pola outra parte para os maiores no mes de xullo terán a iniciación á Informática e Internet e en agosto, Informática a Nivel Medio e Introdución ás RRSS.
O segundo tenente de alcalde, Franciasco Suarez-Puerta, sinalou que estes cursos do Cemit foron propostos polo Concello de Ribeira e que son de balde.
Para a inscrición pódese persoar nas instalaciómns do Cemit ou ao correo cemit.ribeira@ xunta.gal.