O Concello está a proceder á eliminación dos semáforos existentes no alto de Coruxo. Substituiranse por sinais luminosas nas que se indicará a prioridade que teñen os peóns.
Dada a notable mellora que se deu no centro de Santa Cruz coa eliminación dos semáforos, preténdese contribuír a axilizar tamén o tráfico neste punto. A existencia dunha rotonda a escasos metros é outro dos motivos que facilita este cambio.