· A convocatoria componse de seis postos de socorrista para a praia de Laxe e outros dous para a piscina municipal.
· As persoas que desexen concorrer terán de prazo catro días hábiles desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
O Concello de Laxe inicia os preparativos para a chegada da época estival coa contratación de oito persoas para reforzar o servizo de vixilancia, rescate e salvamento tanto na praia de Laxe como na piscina municipal.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, 13 de xuño, o anuncio das bases da convocatoria para a selección de oito postos de socorrista, dos cales seis serán para a praia de Laxe e os dous restantes para a piscina municipal.
O prazo para a presentación de instancias será de catro días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación do anuncio, é dicir, desde hoxe, xoves 13 de xuño. As persoas que desexen consultar as bases téñenas á súa disposición tanto no taboleiro de anuncios como na páxina web municipal.
A duración dos contratos será de 2 meses, cunha xornada laboral a tempo completo, cos descansos que establece a lei e coa distribución de xornadas que estableza a Alcaldía.
As vacacións e o horario que poderá ser partido en xornada de mañá e tarde, e de luns a domingo, adaptaranse ás necesidades do servizo.