Friday 22 de November de 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Neda durante toda a xornada do luns


Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) trasladarase este luns, 17 de xuño, ao Concello de Neda, para facilitar que a veciñanza poida doar sangue ao longo de toda a xornada. Así, está previsto que permaneza diante da Casa da Cultura de 9.30 a 14.30 horas, e mais de 15.30 a 21 horas.

Poden ser doantes as persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 kg, e teñan boa saúde. Para doar cómpre acudir ben con tarxeta de doazón, DNI ou documento similar de identificación. Ante calquera dúbida, ADOS pon a disposición da cidadanía o número gratuíto 900 100 828.

Dende o Concello animamos á veciñanza a participar e lembramos que dunha única doazón poden chegar a beneficiarse tres persoas diferentes, xa que os distintos compoñentes sanguíneos (plasma, plaquetas e glóbulos vermellos) adoitan utilizarse por separado. Deste xeito, un só doante posibilita a recuperación de tres doentes.