Co verán á volta da esquina, o Concello de Neda iniciaba esta semana os labores de roza da rede de pistas municipais. Esta campaña de posta a punto permitirá mellorar a seguridade de condutores e peóns que utilizan a diario os camiños da localidade, e tamén contribuirá á prevención de incendios.
A empresa adxudicataria destas tarefas iniciaba o pasado luns na zona dos Pazos os labores de roza mecanizada, eliminando o material vexetal, que dificultaba nalgúns puntos a visibilidade, con varios tractores dotados de brazo. Os traballos arrancaron na contorna dos Pazos e Fábrica do Monte.
O obxectivo do goberno local é alcanzar antes do comezo do verán a totalidade das pistas que dan acceso a lugares habitados do municipio (ao redor de 70 km), mellorando así o funcionamento das vías e contribuíndo a previr incendios forestais nos meses de maior risco.
A campaña de rozas súmase ao esforzo anual que se vén realizado en materia de pavimentación de camiños. En paralelo, e da man das traballadoras do Aprol Rural, estanse a desenvolven tarefas a pé na contorna máis urbana e en espazos públicos municipais.