Friday 22 de November de 2024

O Torneo Congalsa de Fútbol Base de Ribeira recada dez mil euros para a Fundación Aladina


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro delegado de Sanidade, Juan Luis Furones, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, Julio Mariño, promotor do Torneo e Isabel Cañas representante de Congalsa, asistiron a un acto simbólico de entrega do cheque por valor de 9.780 euros para a Fundación Aladina.

Trátase dun evento deportivo internacional que destaca polo seu carácter social en beneficio desta entidade que apoia aos nenos enfermos de cancro.

Visiblemente emocionado, o promotor do torneo, Julio Mariño quixo agradecer a implicación de administracións, empresas, ao Padriño, Ramiro Carregal e a sociedade en xeral nesta iniciativa que, máis aló do seu valor deportivo, ten un fin social.

O delegado de Sanidade, Juan Luis Furones tamén na condición de socio da Fundación Aladina moi emocionado, dou os parabéns a Julio Mariño polo traballo feito e a recadación de fondos conseguida.
O rexedoe Luís Pérez tamén agradeceu a Julio Mariño a organización do Torneo e a tódalas empresas e actores implicados no torneo. “Podemos sacar peito de que Ribeira é un Concello solidario, e debemos seguir apostando pola investigación con fondos públicos e con todas as asociacións e fundacións que fan unha gran labor social”.