Friday 22 de November de 2024

Feira do libro, coloquio e presentación do libro gañador do Premio Xerais 2023 na I Xornada Literaria no Pote


Organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración do Pote, Aetna, Asociación Galega de Escritores e Imprenta Sanesteban, a sociedade O Pote de Maniños acolle este venres unha xornada literaria que reunirá a unha vintena de escritores/as. As autoras fenesas Mariola Hermida e Matilde Castro participarán nesta actividade que se desenvolverá o venres 14 de xuño, a partir das 19 horas. A I Xornada Literaria no Pote incluirá unha pequena feira do libro con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de novidades literarias.

O programa arrincará ás sete do serán coa inaguración da feira do libro na que se porán á venda e asinarán exemplares dos libros publicados polos autores/as convidados. A partir das oito haberá un coloquio sobre a Literatura en Ferrolterra no que participarán Teresa Cameselle, Pablo J. Rañales e Mariola Hermida. E ás nove da noite, o escritor Pedro Feijoo presentará a novela Ninguén contará a verdade (Premio Xerais 2023), acto no que estará acompañado polo tamén escritor Rober Cagiao.

Vinteún escritores/as tomarán parte nesta I Xornada Literaria no Pote: Teresa Cameselle, Pablo J. Rañales, Pedro Feijoo, Rober Cagiao, José Ángel Varela, Sabela Cagiao, María Nieto, Raquel Villanueva, M.ª del Mar Muñiz, Micaela Barbeito, Juan Galán, Xosé Fernández, Miguel Gacio, Antonio D´Tenerife, Rubén Pedreira, Sara G. Veiga, Andrea Martínez, Cova P.L., Isabel Ramos e as fenesas Mariola Hermida e Matilde Castro.