Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados pasadas as 10:00 horas desta mañá dunha saída de vía na N-6, á altura do punto quilométrico 563, ao paso da vía por Santa María de Oís, no concello de Coirós.
Á chegada dos bombeiros as persoas afectadas xa abandonaran o lugar, polo que o operativo consistiu na desconexión da batería do automóbil. Á chegada da Garda Civil, como o vehículo atopábase fóra da estrada os bombeiros regresaron ao parque.