Saturday 16 de November de 2024

A mocidade de Laxe pintará un graffiti a prol da igualdade de xénero


· A actividade, enmarcada no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, levarase a cabo este venres a partir das 16:45 horas.

· Poden participar todos os nenos e nenas que teñan oito ou máis anos sen necesidade de inscribirse previamente.

O Concello de Laxe reafirma a súa aposta pola promoción da igualdade de xénero promovendo o pintado dun graffiti, que será realizado por conta dos nenos e nenas da localidade nun taller desta modalidade pictórica.

A iniciativa, enmarcada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, desenvolverase este venres, día 14 de xuño, a partir das 16:45 horas, e nela poderán participar todas as nenas e nenos que teñan 8 ou máis anos, tendo como punto de quedada a casa consistorial. Para tomar parte na actividade non haberá necesidade de inscribirse previamente.

Desde o goberno local convidan ás familias “a levar aos máis pequenos e pequenas a unha actividade, que ademais de ser un xeito diferente e lúdico de pasar a tarde, tamén implica apostar pola divulgación, desde idades temperás, de nocións sobre unha cuestión de vital importancia como a igualdade de xénero”.