Friday 22 de November de 2024

Carral celebra o seu XXII Exhibición de Patinaxe Artística


A Concellería de Deportes conta con 8 clubs/escolas rexistrados e ao redor de 150 deportistas.

O pavillón de O Espiño acollerá o sábado 15 de xuño, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, que está organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia, comezará ás 11.00 h e terminará ao redor as 13.00 h.

Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 8 clubs, colexios e escolas deportivas municipais que reunirán a uns 150 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame farase entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.

Esta actividade que pecha a programación deportiva de primavera, dá continuidade ao obxectivo de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2024. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no mail deportes@carral.es.