Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame organiza un curso teórico-práctico de fotografía


A Concelería de Cultura e Xuventude de Lousame organiza un novo Curso Teórico-Práctico de Fotografía, que será impartido polo Colectivo Olláparo (Boiro) despois do gran interese suscitado polo curso de iniciación celebrado o ano pasado. Esta nova edición celebrarase todos os sábados pola mañá, en horario de 11:00 a 13:00 horas, na Casa da Cultura “Santeiros de Chave”.

O curso terá unha duración de doce horas e comezará a impartirse o sábado 20 de febreiro, celebrándose ao longo de seguintes seis sábados. Ademais das saídas á natureza, este ano haberá novidades como algunha sesión en horario nocturno e prácticas de retrato, iluminación, foto nocturna, light-painting, etc. Máis información e inscricións no 981 825 780 ou en ollaparo@gmail.com.