O Concello de Oleiros abre a convocatoria de subvencións dirixida ás entidades deportivas locais sen ánimo de lucro para a promoción e impulso de actividades deportivas durante este ano 2024. En total repartiranse 97.000 euros entre todos os colectivos.
O obxectivo desta convocatoria é fomentar a práctica do deporte en xeral, e particularmente o deporte de base. Ademais tamén se pretende incentivar o rendemento deportivo, así como a participación en competicións de alto nivel;
promover a actividade de clubs e entidades deportivas cuxo marco de actuación sexa o municipio de Oleiros; e estimular o asociacionismo deportivo escolar e xuvenil.
Poden concorrer a estas axudas todas as entidades deportivas sen ánimo de lucro que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2023. O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde mañá ata o 2 de xullo a través da Sede Electrónica.
BASES DA CONVOCATORIA: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/01/18/2021_0000000196.pdf