O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de Alcalde Francisco Suárez-Puerta, e o concelleiro delegado de Mar, Fernando Abraldes estiveron hoxe na parroquia de Corrubedo supervisando os traballos do novo tractor polivalente para labores de limpeza de rozas.
Cun investimento de 175.000€ refórzase o equipamento de rozas de estradas e camiños; este tractor polivalente de nova tecnoloxía con tracción ás catro rodas posúe un brazo mecánico rotatorio, unha escobilla de púas (para limpar as herbas das beirarrúas) e un soprador.
Luís Pérez sinalou que “con este equipamento axilizarase o traballo nas rozas mecánicas sobre todo nesta época na que a herba crece tanto nos camiños e nas estradas”.
Unha pasada deste tractor por unha estrada fará o traballo de 3 persoas, polo cal se poderá alixeirar as tarefas noutras parroquias e localizacións.
Por outra parte Luís Pérez aseverou “sabemos que hai moitos camiños por actuar, sabemos que esta primaveira foi moi chuviosa e que agora están crecendo moito as herbas polo que informamos a poboación que teñan en consideración que con esta nova adquisición vaise a reforzar dunha maneira considerable o servizo”.
A intención do goberno é reforzar o mantemento e limpeza que a veciñanza das parroquias demandan, por outra parte estase a traballar para aumentar o número de persoal para devanditas tarefas.