A sala de exposicións da casa da cultura Raquel Fernández Soler é un espazo multidisciplinar. Proba disto é que, se na semana pasada se inauguraba unha mostra fotográfica, nesta toca presentación literaria.
Esperanza Mariño regresa á Pobra do Caramiñal en menos dun mes para, nesta ocasión, dar a coñecer ao público pobrense A pousa da libélula. Será no venres 14, ás 20.00 horas. Durante o acto estará acompañada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o tradutor, Takekazu Asaka; e o integrante da A. C. Barbantia, Xesús Laíño, quen conducirá a xornada.
Este poemario toma a libélula como símbolo do mundo natural e da vida humana e os seus avatares para abordar temas como a soidade, o amor ou a morte.
A entrada é libre ata completa-la cabida.