Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba foron alertados pasadas as 17.30 horas de onte, domingo 9 de xuño, de que tres persoas eran incapaces de saír do río Tambre no lugar de Ponte Maceira, na parroquia de Agróns do concello de Ames.
O operativo consistiu na extracción da augas destas tres persoas con axuda dunha padiola. As tres persoas resultaron ilesas e soamente presentaron feridas leves como rozaduras.
Completou o operativo a Policía Local de Negreira, a Garda Civil do Milladoiro / Santiago /Negreira, o 061 Santa Comba o e o GES de Brión.