Monday 02 de December de 2024

Román Rodríguez gaba o labor do Colexio CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo a prol da divulgación científica no eido educativo


O conselleiro de Educación e Ciencia visita a 6º edición da feira ‘Cullerciencia’ que reúne uns 300 alumnos de 17 centros galegos e de fóra da comunidade

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, felicitou hoxe ao Colexio CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, de Culleredo, polo labor a prol da divulgación científica no eido educativo que leva desenvolvendo desde hai anos.
Así o sinalou esta mañá durante a visita á feira Cullerciencia, un encontro entre centros escolares e cidadanía centrado na ciencia e na investigación que cada ano impulsa este centro a través do seu Club de Ciencias, e que xa vai pola súa sexta edición. Na visita, o conselleiro estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
A mostra, que estará aberta ata as 19,00 horas de hoxe no paseo marítimo do Burgo, conta coa participación de arredor de 300 alumnos dun total de 17 centros educativos de Galicia e de fóra da Comunidade, que expoñen os seus proxectos en 50 expositores. Ademais de Culleredo, están representados centros escolares da Coruña, As Pontes, Cambre, Cerceda, Meis, Oleiros, Ribeira, As Palmas, Madrid, Murcia e Sevilla.