Friday 22 de November de 2024

O CEIP Rabadeira celebra o seu 50 aniversario


O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidiu xunto coa directora, Ana Perandones, o acto central de celebración do 50 aniversario do CEIP A Rabadeira. Para inmortalizar a conmemoración, o Concello elaborou unha placa na que se pode ler: “Sementando

 

O colexio abriu esta tarde as súas portas a toda a cidadanía para celebrar tan insigne data. Houbo actuacións do alumnado, do grupo folclórico Folliñas, proxeccións, exposicións, baile…

 

O que foi o primeiro centro escolar do municipio, é hoxe unha institución educativa sólida, que ofrece un ensino de vangarda e de alta calidade. Cun extraordinario equipo directivo e un magnífico profesorado, o colexio é unha referencia de ensino inclusivo, creativo, aberto… promovendo numerosos proxectos cos que o alumnado adquire importantes valores que van moito máis alá do aprendizaxe curricular.

 

O Rabadeira era o único colexio que existía en Oleiros nos anos 70, albergando unha cantidade desproporcionado de nenos e nenas. Coa democracia e a chegada ao poder do Goberno municipal de Alternativa dos Veciños comezou o desenvolvemento dunha política que priorizou sempre o ámbito educativo, o que se plasmou coa creación dos colexios de Canide, Santa Cruz, Perillo e Nós; dos institutos de secundaria de Perillo, Santa Cruz e Oleiros; e das escolas infantís de Galeras, Perillo, Mera, e Os Regos.

 

A este esforzo por manter a vida educativa á altura da demanda existente, súmase o medio millón de euros anuais que o Concello aporta para actividades complementarias da educación –excursións, actividade deportivas, hortos escolares, obradoiros,…-, cun amplísimo abano de posibilidades que supoñen un forte apoio ao profesorado e un empeño constante para que os nenos e nenas gocen de altos niveis de formación humanos e académicos.