Thursday 21 de November de 2024

Operativo para socorrer a un ciclista ferido por unha caída en Mañóns, no concello de Boiro


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro interviñeron esta tarde nun operativo dirixido a socorrer a un ciclista que resultou ferido logo de caer na en Mañóns, no concello de Boiro.

O accidentado presentaba traumatismos e estaba en estado de inconsciencia. Recibiu atención sanitaria ‘in situ’, ata a chegada do 061 e o seu traslado a un centro sanitario.

Completou o operativo a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.