Friday 22 de November de 2024

López Campos agradece a implicación do Instituto Rfael Dieste para “Comerciar co uso da lingua”


— A cita celebrada na Coruña pon o peche neste curso á campaña de dinamización do galego impulsada polo centro co apoio do Goberno autonómico.

— O representante da Xunta celebra a boa acollida desta iniciativa que conseguiu a implicación de 200 colexios e 50.000 locais comerciais de toda Galicia

— O evento contou coa actuación de grupos como Leria, Lontreira, Boyanka Kostova ou Grande Amore

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe ao Festival Aquí tamén se fala, impulsado polo Instituto IES Rafael Dieste para promover o uso do galego. Trátase dunha cita que pon o peche no curso 2023/24 á campaña de dinamización do galego feita polo centro co apoio da Xunta de Galicia e na que o titular de Cultura agradeceu a implicación da comunidade educativa para “comerciar co uso da lingua”, pois é esta unha iniciativa que demostra como as entidades comerciais”.
“O galego é unha das maiores riquezas que temos como pobo que debemos coidar, preservar e reforzar”, sinalou o representante da Administración autonómica antes de engadir que este “é un deber compartido no que precisamos da colaboración de todos os sectores”. Neste senso, López Campos felicitou a todas as persoas que forman parte desta iniciativa de dinamización lingüística e celebrou a boa acollida que tivo ao conseguir a implicación de 200 centros educativos e 50.000 locais comerciais de toda a Comunidade.
O proxecto de dinamización lingüística Aquí tamén se fala recompila diversas propostas, todas elas enfocadas no uso do galego e que contaron coa participación de referentes culturais diversos e recoñecidos como Viggo Mortensen, James Rhodes ou Tanxugueiras. Entre as iniciativas impulsadas atópase a creación de contido nas redes sociais, acordos con equipos de fútbol profesional ou a programación de obradoiros con profesionais do sector audiovisual e musical.
Como colofón, o instituto programou para o día de hoxe un festival que pon o peche final a esta campaña e que contou coa participación de artistas do panorama musical galego como Leria, Lontreira, Boyanka Kostova ou Grande Amore.