A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, entregou o galardón a Marco Martínez, alumno do CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra
A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, participou esta mañá no acto de entrega do premio do concurso de cartas e debuxo ‘Agora imos andando ao cole!’. Nesta edición resultou gañador un neno da Coruña entre os máis de 6.000 alumnos de toda Galicia que participaron.
A concelleira foi a encargada de entregar o galardón a Marco Martínez Varela, alumno de 4º do CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra, que recibiu como agasallo unha bicicleta e un casco. Ademais, o seu debuxo participará no concurso estatal, que se celebrará a vindeira semana.
“O Goberno de Inés Rey é moi consciente da necesidade de inculcar entre a mocidade valores de mobilidade sostible, saudable e segura e continuaremos colaborando con Stop Accidentes e Fundación MAPFRE en concursos tan necesarios como este”, sinalou a concelleira. Tamén participaron no acto Ángel Pardo, director da oficina da Coruña de Ponte dra Pedra; Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes Galicia; e José Manuel Rico, intendente da Policía Local da Coruña.