O prazo de inscrición está aberto desde o 10 ata o 17 de xuño
Conta con 95 prazas totalmente gratuítas dirixidas a mozos e mozas empadroados no Concello de entre 3 e 16 anos
A iniciativa desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas durante os 22 días laborables de xullo e os 21 de agosto.
Este luns, 10 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no programa de conciliación ‘Respira Verán 2024’, que terá lugar durante os meses de xullo e agosto en Ponteceso.
O programa conta con 95 prazas totalmente gratuítas dirixidas a mozos e mozas empadroados no Concello de entre 3 e 16 anos, que realizarán actividades de todo tipo, mesturando opcións lectivas con outras máis lúdicas.
A iniciativa desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas durante os 22 días laborables de xullo e os 21 de agosto.
Deste xeito, o Concello repartirá o servizo en catro parroquias. A de Ponteceso contará con 30 prazas, as mesmas que haberá na Campara. En Pazos ofreceranse 20 e en Corme, 15.
As inscricións poden realizarse entregando o formulario de inscrición no Concello a partir deste luns, ata o 17 xuño. Para máis información está habilitado o teléfono 881 983 223.
Deste xeito desde o Concello de Ponteceso pretenden facilitar a conciliación familiar durante o verán, unha época non lectiva, na que é máis complexo adaptar a vida cos pequenos e pequenas da casa ao ámbito laboral.