Dúas xornalistas e defensoras de dereitos humanos salvadoreñas visitaron o Concello de Oleiros, xunto co equipo xestor do programa de acollemento temporal Galicia Abriga. Gabriela Villaroel e Carolina Amaya compartiron a súa visión do contexto político global co alcalde e coa segunda tenenta de alcalde e concelleira de Cooperación, que amosaron a solidariedade do pobo galego coa loita pola liberdade de expresión e pola democracia.