A noite de San Xoán, o Concello porá leña a disposición da veciñanza nas praias gratuitamente. Desta maneira pretende evitarse a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias.
A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.
Tanto na praia como noutro lugar, é obrigatorio solicitar autorización para realizar unha fogueira. Pode facerse de maneira dixital a través da Sede electrónica ou de forma presencial no Rexistro da Casa do Concello, en ambos casos o prazo finaliza o día 21.
SOLICITUDE E NORMAS BÁSICAS: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CATALOGO&DETALLE=6269007487610800305301