Friday 22 de November de 2024

Xunta e Concello en Sálvora


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o 2º tenente de alcalde, Francisco Suarez-Puerta, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, acompañaron ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda xunto coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, entre outras autoridades, nunha viaxe a illa de Sálvora para facer unha visita ás obras coas que se pretende unha restauración estrutural do faro e convertelo en centro de observación turístico-científica, co que se dará un novo pulo á divulgación científica e á promoción da fauna e flora da zona.
As necesidades a satisfacer mediante a realización da obra son as de dotar ao faro dun uso complementario ao existente (sinal marítimo), e que forme parte dun plan turístico.

Trátase de rehabilitar ao edificio do faro e adecualo ao novo uso respectando a súa estrutura; a substitución da carpintería de madeira (interior) e de aluminio (exterior) de vidros simples, por unha carpintería de aluminio anodizado cor burdeos, a faces interiores con dobre vidro, encaixado como a primitiva madeira; limpeza de cantería, rexuntado e hidrofugado; para esta actuación se dispoñe de un investimento pos 1,5 millóns.

Pola súa banda o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, deu a benvida ao presidente e ás demais autoridades para logo facer unha explicación dos valores ambientais, culturais e históricos da illa.
“Sálvora, é unha xoia natural do noso país que atesoura un rico patrimonio natural que dende hai séculos a nosa xente utilizou e segue a utilizar como medio de vida, extraendo peixe e marisco das súas augas”.
A illa conta con moita historia pero o rexedor salientou o naufraxio do vapor Santa Isabel en 1921, unha traxedia que cobrou 213 vidas. “No medio da escuridade e o caos, catro mulleres valentes erixíronse como Heroínas de Sálvora, salvando a 48 náufragos e demostrando o espírito humanitario da nosa xente” aseverou. Pola súa valente acción, o Concello de Ribeira foi distinguido como cidade “moi leal, moi nobre e moi humanitaria”, un recoñecemento “que levamos con grande honra e respecto” declarou Barral.

Investir no noso patrimonio e na seguridade dos navegantes que sucan as nosas augas é algo de valorar. É por iso que saudamos positivamente este proxecto de rehabilitación do faro de Sálvora. Un proxecto que restaurará a estrutura física do faro pero tamén.