O Concello de Boqueixón abre este domingo 9 de xuño a programación do ciclo “Un mes e Pico” cunha visita xeolóxica ao monte Ilicino guiada por especialistas Geotur Galicia. “Viaxe á orixe do Pico Sacro” será un paseo pola orixe, a evolución e os elementos máis característicos da complexa historia xeolóxica e xeográfica do monte ilicino. O punto de encontro será o aparcadoiro do Pico Sacro, ás 11:00 horas.
Como todas as actividades deste ciclo, a participación é totalmente de balde se ben o número de prazas é limitado, polo que será precisa inscrición previa no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.