• Estará impartida por Rafael López, profesor e experto naturalista
• Dará comezo ás 19:30 horas e será de entrada libre ata completar aforo
O local social do Concello de Cariño acollerá mañá, 7 de xuño, a partir das 19:30 horas, a conferencia sobre a Serra dá Capelada e a costa ártabra ‘Alfaias ártabras, un tesouro abandoado’.
Trátase dun ameno paseo pola riqueza cultural por eses enclaves impartido polo profesor e experto naturalista Rafael López.
A actividade está organizada pola asociación Terras do Ortegal e conta coa colaboración do Concello de Cariño. A entrada será libre ata completar o aforo da sala.
Desde o Concello de Cariño animan a veciños e visitantes a achegarse ao local social para gozar dunha charla instructiva e enriquecedora.