Friday 22 de November de 2024

O pavillón da Gándara acollerá a vindeira semana o “XXX Torneo de balonmán Cidade de Narón”


O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou esta mañá xunto con Alejandro Basoa e Paula Foces, presidente e vicepresidenta respectivamente do Club Balonmán Narón, o “XXX Torneo de balonmán Cidade de Narón”. O edil naronés informou que a competición se levará a cabo o vindeiro 15 de xuño nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Gándara, en horario de mañá e tarde.
Os representantes do club local avanzaron que participarán na convocatoria, ademais do Club Balonmán Narón, os equipos Tirso de Molina, OAR A Coruña e Club Balonmán Culleredo-Opemat. Os partidos, indicaron, disputaranse a partir das a10:00 horas, cando xogará a categoría alevín mixto, se ben dende as 12:00 horas xogarán os infantil masculino. No horario de tarde, retomarase o xogo de 18:00 a 20:00 horas, un tempo no que se xuntarán diferentes equipos para xogar entre eles.
Santalla destacou o labor que desenvolve o club local ao longo do ano e tamén o éxito desta convocatoria, que este ano alcanza nada menos que a súa trixésima edición. Así mesmo, animou á cidadanía a achegarse ao pavillón da Gándara a vindeira fin de semana para desfrutar do balonmán e animar aos clubs participantes.