Sunday 24 de November de 2024

Igualdade anima ás mulleres socias das coperativas galegas a continuar na senda do emprendemento femenino


Susana López Abella puxo coma exemplo de innovación, creatividade ás emprendedoras rurais, á vez que motor da economía rural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella animou hoxe ás mulleres socias das cooperativas galegas a continuar na senda do emprendemento feminino, tanto a nivel persoal coma profesional, xa que son as que en moitos casos, traballan e gobernan , polo que incidiu en que deberían participar con voto directo na asemblea da cooperativa, onde se dirimen as decisión empresariais máis importantes e que van afectar plenamente nas súas explotacións gandeiras.

López Abella participou hoxe na inauguración das Xornadas “Atrevete contigo mesma” organizadas por AGACA, e que contaron ca asistencia do presidente da S. Coop. Galega, José Ángel Blanco Purriños, do presidente de AGACA, José Severino Montes e da responsable de negocio de CaixaBank, Laura Lema, organismo que colabora na realización das Xornadas.

A titular da Secretaría Xeral da Igualdade explicou que dende o goberno galego entendese que para mellorar a situación das mulleres rurais é fundamental entender o seu valor, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.

As emprendedoras rurais son exemplo de innovación, creatividade, lograron profesionalizarse e incorporarse ao mercado laboral, á vez que son motor da economía rural, segundo palabras da secretaria xeral, por iso, hanse de promover novos avances na corresponsabilidade social, que contribúan a deconstruir os vellos estereotipos que aínda perpetúan as desigualdades, pechar as brechas no ámbito laboral e apoiar a capacidade das mulleres para ocupar postos de decisión.

Ademais, hai que incentivar a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do sector agroalimentario e de desenvolvemento rural, para avanzar nunha maior presenza institucional destas nos ámbitos de decisión do medio rural. As organizacións agrarias, as cooperativas e os grupos de desenvolvemento rural deben contar cunha presenza feminina en órganos directivos acordes coa realidade das mulleres rurais.

Polo tanto, é necesario, cambiar esta dinámica, fomentando e promovendo o protagonismo feminino na toma de decisións no medio rural, co fin de que alcancen a representatividade que equitativamente lles correspondería, rematou afirmando López Abella.