A alcaldesa agradeceu o labor da institución e dos premiados
Os Premios Solidarios do Grupo Social ONCE 2024 fixeron parada, un ano máis, na Coruña para recoñecer diferentes iniciativas a nivel autonómico a prol da inclusión e a igualdade. A alcaldesa, Inés Rey, participou no acto, entregando diferentes galardóns. Estivo acompañada pola concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira.
“A Coruña é un exemplo de inclusión e solidariedade por cuestións como os seus parques infantís inclusivos, as obras de accesibilidade, os seus grandes eventos solidarios ou a colaboración institucional coas entidades sociais e sociosanitarias”, sinalou a alcaldesa durante a súa intervención. A gala celebrouse no Teatro Colón e trátase da segunda parada desta iniciativa do Grupo Social ONCE, que percorre as diferentes comunidades autónomas premiando a asociacións e empresas polas súas iniciativas solidarias.
Listaxe de premiados:
Institución, organización, entidade, ONG: Coro da Memoria AFAGA Alzheimer – Coral Casabranca
Programa, artigo ou proxecto de comunicación: Antena 3 TV, por ‘A boa noticia do día’
Premio á Persoa Física: Myriam Garabito Cociña
Empresa: Stellantis
Administración Pública: Urxencias Sanitarias de Galicia-061