Thursday 21 de November de 2024

Oleiros saca a licitación o servizo de limpeza de centros públicos do Concello por 2.085.612,32€


O obxectivo é a contratación dun servizo de limpeza para diversos centros públicos pertencentes ao Concello de Oleiros como colexios, escolas infantís e edificios administrativos, entre outros.

A limpeza das instalacións administrativas e de ensino é un servizo básico para o correcto funcionamento da Administración. O Concello de Oleiros na tarefa de seguir garantindo un correcto funcionamento dos servizos municipais licita este servizo en lotes dadas as características dos edificios e actividades a desenvolver nos mesmos.

Os centros públicos nos que se desenvolverá este servizo son:

LOTE 1 (1.336.763,67 €) – ENSINO: CEIP A Rabadeira, CEIP Isidro Parga Pondal, CEIP Luís Seoane, CEIP Valle Inclán e CEIP Juana de Vega.

LOTE 2 (479.295,03 €) – EDIFICIOS ADMINISTRATIVOS E OUTROS CENTROS: A Fábrica, Servizos Municipais, Servizos Sociais, Protección civil, Auditorio de Mera, Faro de Mera, Centro de Artes Escénicas,Biblioteca A Pia De Maianca, Biblioteca Oleiros, Biblioteca Rialta, Biblioteca Rialeda, Auditorio De Mera, Faro De Mera, Centro de Artes Escénicas, As Torres De Sta. Cruz, Alfar, Casa da Gardesa, Casa Da República, Casas do Pobo (Nós, Perillo, Dexo, Lorbé, Mera, Santa Cruz), Centro De Lecer Sta. Cruz, Centro de Lecer As Pedras, Ximnasio Sta. Cruz, Escola De Vilanova, Local San Cosme e O Castaño

LOTE 3 (216.225,24 €)- ESCOLAS INFANTÍS: Escola infantil “A Pardela”, Escola infantil “As Galeras, Escola infantil “A Canteira e Escola infantil “A Braña.

LOTE 4 (53.328,38 €)- CENTROS MUNICIPAIS DE FORMACIÓN: CMF “Isaac Díaz pardo”; CMF “ A Carballeira”

O orzamento total de licitación ascende a 2.085.612,32 €.

A duración do contrato será de dous anos con posibilidade de dúas prórrogas de un ano cada unha delas. A data límite de presentación de ofertas é o 19 de xuño.