Thursday 19 de September de 2024

Incendiada unha furgoneta no aparcadoiro dun hotel no concello de Carballo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados ao redor das 04:00 horas desta madrugada dun incendio que afectou a unha furgoneta no aparcadoiro dun hotel do municipio de Carballo.

Á chegada dos bombeiros o vehículo estaba a arder con intensidade, polo que se procedeu á súa extinción debido a que xa comezara a verter combustible. O lume tamén afectou a dous automóbiles estacionados ao lado da furgoneta.

No operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Carballo.