Friday 27 de September de 2024

Accidente de tráfico na parroquia de Bazar, no concello de Santa Comba


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Santa Comba foron alertados esta tarde dun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Bazar no municipio de Santa Comba.

A incidencia implicou un vehículo cuxo condutor quedou atrapado no seu interior e foi liberado polos veciños. O condutor resultou ferido e tivo que ser trasladado polo 061 ao hospital.