Friday 22 de November de 2024

O Concello de Brión organiza este sábado un obradoiro do Galicia Latente, un proxecto de dinamización da cultura galega  


Desenvolto por Eduardo Marís, terá lugar o sábado 8 de xuño, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura brionesa

 

O Concello de Brión organiza o obradoiro “Deconstruíndo consciencias” do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de dinamización da cultura galega emerxente desenvolto polo fotógrafo Eduardo de Martís. Un taller que terá lugar na Casa da Cultura de Brión o sábado 8 de xuño, a partir das 10:30 horas. A participación é libre e de balde, non sendo precisa inscrición algunha.

 

Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente e plantea os retos e oportunidades do futuro. Unha iniciativa que ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Un libro  autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e que recompila 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos.

 

O obradoiro “Deconstruíndo conciencias” comezará cunha presentación sobre a importancia e dimensión da cultura, seguido dunha proxección do documental “Galicia Latente” e un coloquio titulado “Retos e oportunidades da cultura galega”.