No marco dun percorrido por dez localidades galegas
A Copa do Rei de Baloncesto que se disputará na cidade da Coruña a partir do vindeiro 18 de febreiro recalará no día de mañá mércores en Riveira para que todos os veciños poidan contemplar e fotografarse co trofeo.
A estancia na nosa cidade da copa forma parte dunha peregrinaxe por 10 municipios galegos. Estará exposta no Centro Cultural Lustres Rivas, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
Acto de recepción
Ás 12 do mediodía simbolizarase un acto de recepción no que estarán presentes un representante do patrocinador CaixaBank e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura Fabiola García.
O percorrido da copa nace coa vontade de achegar o trofeo da Copa do Rei a todas aquelas persoas amantes do baloncesto que queiran formar parte dun gran evento como este.
Sorteo
Todos aqueles que participen na #CopaTourCaixaBank e se fotografíen co trofeo terán a oportunidade de participar nun sorteo semanal que se celebrará a través de Twitter e que terá como premio material da marca deportiva Under Armour (provedor oficial da Copa del Rey) e nun sorteo final no que se poderán gañar dous abonos para a Copa, cortesía de CaixaBank, patrocinador principal da Copa do Rei A Coruña 2016 y da #CopaTourCaixaBank.