Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados ao redor das 17:00 horas de onte, luns 3 de xuño, dun incendio que afectou a un garaxe na rúa Cabo da Area, na parroquia de Serantes, no concello de Laxe.
O lume foi ocasionado no garaxe dunha vivenda unifamiliar de planta baixa. Á chegada dos bombeiros ao punto, o GES de Ponteceso estaba a proceder á extinción do lume. Logo de darlle o relevo nesta tarefa e xa coa persoa ferida trasladada no helicóptero medicalizado procedeuse á ventilación e á medición de gases.
Debido a que o incendio afectou a tabiques da vivenda e do garaxe, provocando que estivesen a piques de colapsar, procedeuse tamén a precintar e balizar o domicilio.
Na intervención tamén actuaron o 061, a Garda Civil e o GES de Ponteceso.